Ir ao contido

Blogue

O que é unha pipeline?

Esta é a primeira entrada que se publica de xeito automático no blogue. Tranquilidade, non a creei cunha IA, o que implementei foi unha pipeline do que en linguaxe técnica coñécese como integración e entrega continuas (CI/CD polas súas iniciais en inglés).

Tras darlle unha volta pensei en facer una introdución a estes conceptos para quen lle poda interesar entrar neste mundo.

Desexas saber máis?

Meme de Daenerys con cara de suficiencia dicindo «No meu equipo funciona» e Thor do outro lado cun riso sarcástico responde «Pois non lle imos dar o teu equipo o cliente, ou?»

Por que o meu blogue tardaba 30 minutos en arrincar

Malia que xa van algunhas entradas publicadas, cando se escribiron o blogue non estaba público. Recén onte pola noite quixen despregar o que levaba, precisamente para probar unha das funcións que mais me preocupaban, o mapa de GalizaTTD.

Como o título do artigo xa vos destripou, isto está executándose nun clúster de Kubernetes (K8s), e cando xa tiña todas as definicións creadas e tiña que arrancar... non o fixo, o Pod ficou no estado ContainerCreating e non lle daba a ganar arrancar, así que activei o modo detective e púxenme investigar...

Un mapa, unha idea e moitas incógnitas: cal é o estado de GalizaTTD?

Hai case catro anos comezaba un proxecto que conectaba cunha parte da miña infancia. GalizaTTD naceu coma un redescubrimento de OpenTTD, buscando facer unha maqueta viva de Galiza no videoxogo. Medrou moito e mais rápido do que agardaba, e hoxe está coma unha espiña cravada, entre gardado e inacabado. Que pasou co proxecto e cara onde irá agora?

Imaxe topográfica do OpenTTD do escenario de Galiza. Vese dende as rías baixas ata Ribadesella en Asturias.

Ola mundo!

Cando vas aprender unha linguaxe de programación, o típico exercicio que che poñen é o de facer un "Hello World". Coido que nunca o fixen literalmente porque me pareceu un chisco cutre, mais penso que xa entendín a razón, e por iso vouno usar para dar comezo a este blogue.

Por qué, diredes?

Permitídeme que nos remontemos a finais do 2023...

Imaxe das nubes onde unha raia azul de ceo asoma en diagonal de arriba a esquerda a abaixo a dereita, facendo a bandeira de galiza.